
Data de resolución: 2 de setembro de 2011
Data de publicación do DOG: Mércores 26 de outubro de 2011
Título do proxecto: FUNDEQUIP
Norma Reguladora: Procedemento administrativo PR521A_2011.
Órgano Concedente: Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica.
Crédito Orzamentario: 1.000.000€.
Cuantía concedida á Entidade: 11.894,05€
Finalidade: Liña B: "investimentos necesarios para a promoción da sociedade da información nas entidades de interese social".
Coa indicación adicional do cofinanciamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.
Memoria explicativa do proxecto en PDF á disposición do público mediante unha das múltiples licencias Creative Commons.
Data de resolución: 20 de Outubro de 2010
Data de publicación do DOG: 19 Novembro de 2010
Título do proxecto: APÚNTATE ÁS TIC
Norma Reguladora: Resolución do 15 de Xuño de 2010, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións destinadas a entidades sen ánimo de lucro, para actuacións de difusión relacionadas co desenvolvemento da Sociedade da Información na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e polo Plan Avanza, e se procede á súa convocatoria para 2010 (procedemento administrativo PR521A).
Úrgano Concedente: Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica
Crédito Orzamentario: Para a concesión da axudas, propias das actuacións que se convocan e que terán a modalidade de subvención, destinarase o crédito correspondente á seguinte aplicación orzamentaria:
40.70.571A.781.0 Achegas a institucións sen fins de lucro para proxectos da Sociedade da Información 1.000.000€
Este crédito está parcialmente cofinanciado en 888.055 euros ao abeiro do estipulado na cláusula quinta da adenda do ano 2009 ao Convenio Marco de Colaboración entre o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e a Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento dos distintos programas propostos no ámbito do Plan Avanza, asinada o 28 de setembro de 2009. A contía restante, 111.945 euros, está cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Plan operativo Feder Galicia 2007-2013, Eixo 1 Desenvolvemento da Economía do Coñecemento (I+D+i, Sociedade da Información e TIC), tema prioritario 13 Servizos e aplicacións para o cidadán, actuación 1.13.1.
Contía e Finalidade da Subvención coa indicación adicional da Cofinanciación do Plan Avanza.
Cuantía concedida á Entidade: 25.784,78€
Finalidade: Liña B: Actuacións de difusión dirixidas a cidadanía en xeral cofinanciado polo Plan Avanza con 138.055,00€.
Memoria 2ª edición de Apúntate ás TIC.pdf de FUNDEFO esta baixo licencia Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-SinObraDerivada 3.0 Unported License.